Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Castro Bruxel

O castro Bruxel está en Santa Baia de Artoño, en Agolada (Pontevedra). Foi fogar de mouros, e de carlistas; estes chegaban ás portas das casas e petaban:
―Tum, Tum!
―Quen vai? ―preguntaban os da casa.
―Os carlistas.
E seica marchaban coa muller da casa.
Nunha leira do lado do castro apareceu unha ola de barro chea de pó de ouro moído.
Os mouros entraban no castro pola parte baixa, por unha mina esteada de pedras. Agora parece que só se pode andar dez metros ata un derrubamento.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: