Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Andel de Marabillas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O san Domingos de Valdeflores. Era o viño!

A execución da imaxe en pedra do San Domingos que hoxe se pode ver sobre a porta gótica do lado sur do Convento de Valdeflores de Magazos, en Viveiro (Lugo), vén precedida dun historia curiosa.

Esta imaxe estivo orixinalmente sobre a porta principal do desaparecido convento de San Domingos e logo foi trasladada ao lugar onde agora está. Parece que o escultor foi Juan Sarmiento, un veciño de San Cibrao que viviu a cabalo entre os ss. XVIII e XIX, e que realizou tamén algúns pasos da Semana Santa de Viveiro.

Por E. Chao Espina sabemos, que coñece a historia por tradición familiar, que a este escultor lle gustaba o viño. E antes de comezar o traballo pediu viño, e a cada pouco paraba o traballo para baleirar unha xerra de viño. Comezou a obra dando golpes co cicel na pedra con demasiada forza e moi rápidos, o que fixo pensar aos frades que aquilo non podía rematar con ben. Sen embargo, en moi pouco tempo, daquel traballo impetuoso, regado en viño con xenerosidade, resultou a imaxe do San Domingos que agora vemos e que parece que non quedou nada mal.

Chao Espina escoitou a historia do seu bisavó paterno, que traballou moitos anos no Convento de Valdeflores, quen, á súa vez, lla escoitara ao seu pai, testemuña directo do suceso.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: