Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

A meiga de Brántega

Conta a miña avoa que en Brántega, concello de Agolada (Pontevedra), uns mozos foron a unha festa que había preto da aldea e ó voltar para a casa, ben pasadas as dez da noite, aparecéuselles unha meiga que tirou a un deles por un barranco. Os outros mozos, que quixeron reaccionar, víronse tamén sorprendidos polos poderes da muller, que os botou a outro covo.
Ao parecer, un deles logrou saír do burato e foi en busca dos seus irmáns. Formado un grupo para rescatalos, encontráronos axiña, pero un dos rapaces tiña a roupa toda esganifada e o outro estaba rabuñado en brazos e cara.
Xa na casa, de madrugada e repostos do susto, as súas irmás pregutáronlles que lles pasara e eles relataron polo miúdo todo o sucedido.
Loxicamente, ninguén os creu. Mais uns días despois, uns veciños tiveron outro encontro coa misteriosa meiga e o desenlace foi exactamente o mesmo.
E é que en Brántega, habela, haina; falamos da meiga, xa ora.

[Texto elaborado por Alba Fernández Otero, de Brántega, Agolada (Pontevedra)]
[Ilustración de Noemí López]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: