Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

O Loberno no Castelo

No Castelo, un penedo situado entre as parroquias do Burgo do concello de Muras, e Lousada, do concello de Xermade, ambos da provincia de Lugo, ronda o Loberno.
Din por alí que ten figura de raposo, que é inútil berrarlle pois é xordo. Nunca fuxe; é a xente a quen ten que escapar del e deixarlle comer o que lle dea a gana.
Os nenos daquela contorna cando ían coas vacas e o vían, sabían que esta era a maneira de tratalo.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: