Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Lobishome de Vilarello de Donís

Antigamente había o costume de meter criados nas casas para axudar nos labores e un señor de Vilarello de Donís, concello de Cervantes (Lugo) ordenou de meter un criado; andou buscando e atopou un que lle valía para o que el quería.
O que logo había ser criado díxolle ó señor que si, que el ía traballar á súa casa pero que lle tiña que deixar a noite libre. Acordárono os dous así. Polo mesmo o criado traballaba todo o día e á noite collía e marchaba da casa.
O amo preguntábase:
—Pero ¿que vai facer este pola noite? ¿onde vai?.
Unha noite deulle por seguilo e observou como o seu criado chegou a unha poza e envorcallouse todo e logo volveuse lobo e deu en oular. Nesto xuntáronse e os dous quedaron mirándose. O señor marchou e non dixo nada.
Á noite seguinte díxolle ó seu criado:
—¡Xa sei ó que vas ! ¿Que é o que che pasa para andares desta maneira?
—¡Non se che ocorra volver que se non comémoste, e o primeiro en facelo son eu! —díxolle o criado.
—Pero ¿non hai forma de saír desa situación?¡Non vas estar así toda a vida!
—Eu estou encantado
—¿E non hai forma de te desencantar?
—Hai, pero non teño valor para eso.
—¡Di a ver!
—Mira cando me envorcallo e..., pero non o vas facer..., e me enlouce no po, levas unha fouce e pégasme unha fouzada todo canto podas no lombo e tiras por el e fasme unha ...é do único xeito que poderás... ¡Pero non vas ter valor!
E para a noite seguinte volveu o señor xunto do criado, parece que o home non era temido e foi e fíxollo. O criado unha vez recuperado non volveu marchar máis. Desfíxose o encantamento.

[Texto remitido por José María Carricoba Armesto, Lugo]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: