Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

nº 11 (2015).-QUINTÍA PEREIRA, Rafael. Os Trubincos

© Rafael Quintía Pereira

© Ilustracións de Francisco Sutil

__________

En moitos sistemas mitolóxicos europeos existen máxicas figuras lendarias propias deste tempo de Nadal. De todos é coñecida a sobreexplotada e estendida figura escandinava de Papá Noel, Pai Natal ou Santa Klaus. Pero moitas culturas europeas tiñan os seus propios equivalentes a esta bondadosa personaxe que trae regalos aos nenos na noite de Noite Boa. Hoxe en día é moi popular en Euskadi a figura do Olentzero e en Galicia cada día colle máis pulo a figura do Apalpador, recuperada hai case unha década pola asociación compostelá A Gentalha do Pichel a raíz dun excelente traballo de investigación de  José André Lôpez Gonçâlez. Cómpre dicir que o Apalpador coñécese en Terra de Trives co nome do Pandigueiro, como ben recolleu e documentou o amigo e investigador da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) Miguel Losada.

Moitas destas figuras propias do ciclos festivo da invernía acabarían sendo asimiladas polo cristianismo e sincretizadas baixo figura do bispo cristián Nicolás (san Nicolás de Bari), que viviu en Anatolia alá polo século IV.

Pero carboeiros, santos, magos ou homes bondadosas que agasallan aos nenos con galanos non son as únicas personaxes míticas que aparecen neste tempo do ano. Tamén determinados trasnos fan acto de presenza neste tempo do solsticio de inverno. Por exemplo, polo Aninovo o Demo Asubiador fai ato de presenza no val do río Tomeza (Pontevedra e Vilaboa) e na pontevedresa parroquia de Salcedo agárdanos na Noite Boa outra misteriosa criatura da que falaremos a continuación.

En Salcedo atopamos unha particular variedade de trasno que vén facer fincapé na riqueza que ten Galicia en seres míticos e, como non, en seres míticos asociados ao Nadal. Refírome aos Trubincos, e deles faloume hai xa uns anos ... (...seguir lendo)

 

Os Trubincos (PDF)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: