Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A barca de pedra de San Mauro

No cauce do río Barbanza, na parroquia de San Isidro de Posmarcos, concello de A Pobra do Caramiñal (A Coruña), a escasos metros da confluencia deste río co chamado Río das Pedras, e enfronte das ruínas do que foi mosteiro da San Xoán da Misarela, pódese ver varada unha barca de pedra granítica duns cinco metros de eslora. Di a lenda que esta é a barca na que chegou a aquel lugar San Mauro, o fundador do eremitorio da Misarela. Mentres o santo remontaba o río perseguíano os mouros, e a providencia dispuxo encher o río de grandes pedras (de aí lle nacería o nome ó río das Pedras) para protexelo dos seus perseguidores. Estes mouros míticos tiñan nese lugar un pozo sen fondo do que por veces, ata que os tronos o cegaron, saían encantos.
En Galicia hai máis lendas de barcos de pedra aparte desta de San Mauro de San Xoán de Misarela, coma a da Virxe da Barca de Muxía, a de San Andrés de Teixido e a da barca de pedra de Santiago en Padrón son as máis coñecidas. Segundo F. Alonso Romero, quen asegura que en Portugal xa non se coñecen este tipo de cultos a barcos de pedra, este tipo de relatos son moi comúns nas terras de Irlanda e na beira atlántica, e deberon ser achegadas ata Galicia por relixiosos bretóns que se instalaron e fundaron igrexas nas proximidades das costas galegas.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: