Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A Pena da Costoira.

Preto da aldea de San Pedro de Moreiras, en Toén (Ouresne) atópase a Pena da Costoira. Nela, contaban os vellos que antigamente vivían os mouros. Na pena inda se pode ver unha especie de pía onde a moura se peiteaba, tamén está gravados nesas penas o pé do mouro e da moura e maila ferradura dunha das súas bestas, e abaixo están as sepulturas deles.
Por debaixo desta penas hai unha sorte de mina, e nesa mina hai dúas pedras penduradas que no inverno están escorregando auga continuamente, e chámanlle a xente os touciños (ou os lacóns segundo quen cho contara) dos mouros.
Tamén se dicía que hai un túnel que une esa Pena da Costoira co monte que lle chaman A Portela Vella ao outro lado da aldea de Moreiras.

[Remitido por David S.C. de San Pedro de Moreiras, Toén (Ourense) en marzo de 2012]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: