Actualizado en data 26/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Casa dos Mouros de Cabana

No monte de Cabana, parroquia do concello de Palas de Rei (Lugo), onde chaman A Lavandeira, din que unha moura trouxo unha pena de máis de cinco toneladas na cabeza mentres fiaba nunha roca. Esa pena estaba enriba de dous chantos e por debaixo había como unha cova onde os nenos, de cando meu avó era pequeno, xogaban. Dende entón alí chámanlle a Casa dos Mouros.

[Recompilación e recreación de Noelia Figueroa Martínez, alumna de 2º de E.S.O. do I.E.S. de Palas de Rei (Lugo), curso 2005-2006, para o traballo escolar “Recuperación da literatura oral do concello de Palas de Rei”, coordinado polo profesor Toño Núñez]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

E terá relación con algún dolmen da zona ou só cunhas pedras dispostas caprichosamente?

Enviado por Xan Fernández o 24/10/2013 ás 12:09:52


Enviar comentario a este artigo: