Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Malva

A flor de malva sigue no transcurso do día a dirección do sol. As follas en infusión recoméndanse para os propensos a asustarse. A semente de malva ten, segundo Plinio, quen cita a Xenócrates, poder afrodisíaco. No Libellus. De secretis mulierum (tratado erroneamente atribuido a Alberto Magno escrito en latín entre os séculos XIII e XIV) recoméndase a malva como medio seguro para saber se unha muller moza é virxe ou non. Tamén se di de alguén que morre que vai criar malvas en alusión a abundancia destas plantas nos antigos camposantos.
Nalgúns lugares de Galicia durante a cea de Noiteboa poñíanse en auga flores de malva recollidas na madrugada do día de San Xoán; por tanto as flores xa estaban mirradas e estragadas, mais din que á mañá seguinte, a do día 25, aparecían tersas, frescas e recendentes coma se fosen acabadas de cortar.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: