Actualizado en data 26/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A cova da Paralaia

No monte da Paralaia, en Moaña (Pontevedra), existía unha cova que os mouros escavaran ata facer un túnel de varios quilómetros que a conectaba coa Torre, en Meira (outra parroquia de Moaña). Por ela transportaban os seus tesouros e se te arrimabas á entrada e te parabas podías escoitar o mar, xa que tamén había quen dicía que chegaba por outra banda a Punta de Udra, no veciño Concello de Cangas.
Nesta cova, outra lenda fala de que, nada máis entrar, existía un cruce de sete camiños. Todo aquel que elixira un destes camiños convertíase en escaleira.
Máis información sobre as lendas da Paralaia

[Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: