Actualizado en data 26/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A tecedeira de Barbadelo

Na parroquia de Santiago de Barbadelo, concello de Sarria (Lugo), no lugar de Sabenche vivía unha tecedeira cos seus pais.
Ela tiña 10.000 reais e pretendía casar cun rapaz, pero os pais querían os cartos para o dote (cartos que se lle daban ós rapaces para que casarán coas fillas). Flora, que así se chamaba a tecedeira, non aceptou e os pais intentaban presionala para que cambiara de idea pero ela negábase. Os pais, cansos, ameazárona de morte se non entregaba os cartos.
Mais Flora saíu o medio da aldea a berrar e os veciños axudárona.

Recompiladora: Sofía González Díaz, alumna de 3º de ESO no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo), curso 2005-2006.
Informante: José González Díaz (75 anos).
Lugar e data de recollida: Sabenche, Barbadelo, Sarria (Lugo), maio de 2006.
Lugar da lenda: Sabenche, Barbadelo, Sarria (Lugo)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: