Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As tres trabes de San Amaro

Entre as trabes de todas as casas do lugar de San Amaro, parroquia de San Amaro de Beariz, concello de San Amaro (Ourense) hai tres moi especiais: unha é de ouro, outra de prata e unha terceira, de lume.
Para descubrir cal é cal abondaría con facerlles un corte triangular e así verlles o interior. Mais, hai un problema: se se dá coa de ouro, todos os habitantes do lugar se volverían ricos; se aparecese a de prata, os porcos engordarían moito, as vacas darían moito leite e as colleitas serían abundantes; pero se se atinase coa de lume, todo aquel lugar ardería en tres días. O primeiro día arderían as casas, o segundo, arderían os animais e o terceiro as persoas.
Agora xa sabedes porque ninguén se arrisca a buscar as trabes.

[Recollido por Fernando Rodríguez Redondo en xaneiro de 1994 a Antonio Rodríguez González (43 anos)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: