Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A viga dos mouros do Castro Sebil

Contan as persoas maiores do lugar da Ermida, en Cuntis (Pontevedra), que nos arredores do Castro Sebil vivía unha familia de mouros con gran fama no lugar pola súa riqueza; coméntase que tiñan unha viga completamente de ouro.
Estes mouros víanse atacados a miúdo por outras familias veciñas que pretendían apoderarse das súas riquezas (entre elas, por suposto, a xa nomeada viga).
Ao vérense continuamente atacados enterraron a viga nun camiño, no cal as rodeiras dos carros estaban ben marcadas para impedir que llela roubasen.
Segundo din, todos aqueles mouros foron eliminados, incluso se sabe que ao último matárono cunha frecha disparada dende o monte de Cequeril ao outro lado do río, polo que, como podedes supoñer, quedou en segredo o lugar no cal estaba enterrada a viga.
Pero aínda nos queda esperanza, xa que as rodeiras aínda están á vista, mais, e é boa mágoa, ninguén coñece o lugar concreto.

[Información de Adrián Fontenla Varela, de Cequeril, Cuntis (Pontevedra)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: