Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A nena desaparecida en Vales

No lugar de Vales, parroquia de San Pedro de Vales, concello de Cea (Ourense) había unha rapaza que ía todos os días ao monte coas vacas. Un día atopou unha vella sentada nun penedo que lle dixo:
—Rapaza, achégate aquí!
A rapaza achegouse e a vella pediulle que lle catase os piollos.
Cando a rapaza xa marchaba, a vella encheu unha bolsa de pedras e deullas coa condición de que non dixese nada. Cando chegou á casa, as pedras convertíronse en ouro.
A nai da moza estaba contenta, un día tras doutro non lle deixaba de preguntar de onde lle viña aquel ouro. Tanto porfiou que un día a mozo contoullo todo.
Ao día seguinte a rapaza volveu coas vacas para o monte e xa nunca máis regresou. A nai buscouna por todos partes pero foi inútil. Nunca máis a víu.

[Recollido por José Ramón Fernández Vázquez en xaneiro de 1994 a Visitación González Míguez]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: