Actualizado en data 19/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Fundación do Mosterio de Celanova

Un día ía San Rosendo polo Monte do Castro, en Casasoá, concello de Celanova (Ourense) e topouse con Deus que lle dixo:
—Quero que me fagas unha casa con tantas ventás como días ten o ano.
E San Rosendo colleu unha pedra e tirouna desde o monte e dixo que onde caera a pedra alí faría un mosteiro.
Baixou e mediu o terreo de ancho cunha pel de vitelo, e despois dísto alí fixo o mosteiro que hoxe hai en Celanova.

[Texto remitido por José Manuel Lorenzo Rodríguez, de Ourense]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: