Actualizado en data 26/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Ponte do Ramo

A Ponte do Ramo está en Cequeril, concello de Cuntis (Pontevedra), sobre o río Umia. Eu coñezo unha lenda que conta que a muller para quedar encinta ou para lograr a criatura tiña que baixar ao río, namentras que dúas persoas quedaban na ponte agardando a que pasase alguén. Cando alguén se achegaba á ponte tíñano que convencer para que baixase xunta muller e que lle botase auga do río polo ventre. Se este non quería baixar e cruzaba a ponte, entón a muller tería que marchar e volver a intentalo outro día. Estes ritos non fai moito que se facían xa que, segundo dín, unha muller de preto deste lugar realizou o rito cando era nova, o que me leva a supoñer que non hai máis de 40 anos.

[Información de Adrián Fontenla Varela, de Cequeril, Cuntis (Pontevedra)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: