Actualizado en data 26/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Bautizo prenatal en Bornalle

Miña bisavoa, que viviu no lugar de Bornalle, parroquia de Abelleira, concello de Muros (A Coruña) tivera dous abortos. Ao terceiro embarazo decidiu realizar un rito para evitar o mal fado.
O rito consistía en porse a esperar nun cruce de camiños (fíxoo no do Alto do Caño) á primeira persoa que pasase, quen debía facer no momento un remedo de bautizo coa criatura aínda non nacida e comprometerse a ser o seu padriño/madriña.
Fíxose así e pouco despois naceu meu avó, Antonio Lado, que aínda vive e foi quen me contou esta historia.

[Texto de Xosé Antonio Formoso Lado, de Mariñaos, Oroso (A Coruña)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: