Actualizado en data 26/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Cama de San Xoán

Hai máis de vinte anos, nunha desas épocas nas que a un se lle dá por preguntar, alguén en Lamas, penso que foi o Sr.Paulino, faloume da Cama de San Xoán.
Contoume daquela unha curiosa historia chea de imprecisións, mesturando as desventuras dunha imaxe de pedra que por culpa dunha riada fora parar ó fondo do río Umia na marxe dereita, de onde logo foi rescatada polos veciños de Troáns, e deste xeito case que roubada ós de Santa Cruz, coa lenda da propia cama ou leito de San Xoán na que se falaba dun posible culto de fertilidade. Faloume da ponte Brións e doutras pontes rio arriba e rio abaixo, unha delas de pasos. Faloume de tantas cousas e tan mesturadamente, brincando dunha a outra lenda que me custou traballo desenlear o conto.
Cando lle preguntei pola localización da dita cama de San Xoán, volveume dar información imprecisa; falábame dun muíño e da súa canle, de que agora non se daba atopado e que poida que estivera anegada pola auga... Nada... rendinme e deixei de interesarme por ela xa que mesmo me pareceu que se trataba todo dun mal conto de mouros e encantamentos.
Ó intentar poñer orde naquel conto, cada historia pola súa banda, comecei pola Cama ou Leito; estaba claro que era de pedra e sobre dela deitábase a muller, desexosa de quedar preñada, para manter relación sexuais co seu home.... Pode que moitas veces fora deste xeito, pero o relato mais ben facía pensar en que na noite máis pequena do ano, despois de facela fogueira no quinteiro de San Xoán, argallábase unha pequena orxía na Beira do rio e no medio desta festa, na escuridade, e cos vapores da caña na gorxa, non estaba moi claro quen se deitaba con quen. Ata o dito, tantas veces escoitado nos beizos de galáns, fachendosos do "paseina pola pedra" cobra deste xeito un sentido moi real e gráfico.
Esta segunda interpretación facía posible o milagre da preñez desexada, sempre que a causa da infertilidade estivese no varón consorte. E como "o que nace na casa e dentro do matrimonio fillo da casa é......" todos ben contentos.
Hai poucos dias, achegueime de novo a Santa Cruz de Lamas, desta volta xunto con Samuel Fariña, o da casa do Castro, para que me ensinara o Castro, a corredoira do Castro e mailo Alto do Castro. E así o fixo... e nestas estabamos cando falou do Quinteiro de San Xoán.
Achegámonos alí, ó Suroeste do Castro e do lugar da Igrexa. Nesta paraxe facían hai anos os veciños a fogueira de San Xoán e mailo arco engalanado de laranxas bravas, moi abondosas na aldea, e había troula toda a noite.
Á conta do Quinteiro faleille da Cama de San Xoán, por ver se tamén él escoitara algunha historia, e para sorpresa miña díxome:
—Se queres saber dela, imos alá, que esta cerca da presa do muíño da Baxe; e non só hai a cama, tamén hai a Fonte de San Xoán ó carón dela.
Baixamos cara o río Umia, ás paraxes que dan en chamar A Birta das Cabras, os camiños estaban cheos de xestas e leña podre no chan, restos do desastre das cortas polo encoro. De todos os xeitos demos chegado ó que hoxe queda do muíño da Baxe, por sorte as beiras do río estaban limpas por aquelo de quedar no inverno debaixo da auga do encoro.
Poucos metros río arriba, atopamos unha pena de bo tamaño, dous metros por riba da canle do muíño e con unha fendedura coa forma dunha cova no medio dela, con certo xeito de cama ou leito, mesmo con paredes laterais e case que teito.
Samuel foime confirmando a mesma historia que escoitara da súa nai cando era rapaz; tanto ela como as outras veciñas non se cansaban de meterlles medo: "non vaiades á cama de San Xoán que hai serpes moi grandes que vos van morder".
Posiblemente tentaban de escorrentalos dun lugar pouco recomendable para mozos e nenos. É curioso que, dun xeito involuntario, os maiores botaron man das serpes para meter medo ós rapaces sen se decatar que a propia serpe é tamén símbolo frecuente da fertilidade en moitas crenzas. Ó pasar os anos, xa de mozo, escoitara a verdadeira historia da pedra como leito de amores.
Ó seu carón, car


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: