Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Carnaval en Galicia

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Ano de publicación: 1990.
Lugar de publicación: Vigo
ISBN: 84-7507-439-1
Autor: COCHO DE JUAN, Federico
Descripción: 365 páx.
Colección: Universitaria.

Carnaval ou Entroido, que tanto ten. E tamén introido, antroido, entrudo, entrudio ou entroiro, segundo as zonas. Tempo que precede á Coresma no calendario tradicional. Festa da trasngresión e da burla que é, tamén, purificación, parodia, rexoubeira representación do mundo. As súas raíces afondan na memoria máis antiga da nosa cultura e, malia escurantismos e prohibicións, rexorde ciclicamente ó longo da Historia cun pulo novo e sorprendente. Nunca estivo tan vivo o Señor Carnaval.
¿Cantos Entroidos hai?¿De que xeitos ou con que pantallas distintas se presenta entre nós este rito antigo e sempre renovado que compartimos cunha boa parte da cultura de Occidente?
Velaquí un rigoroso traballo de campo que ha de levar ó lector polas paisaxes máis insospeitadas da nosa xeografía. As máscaras da cultura rural, os Momos e os Mecos, os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais da Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marafois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres...
E tamén a rica tradición do Carnaval das vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses... No rito antigo do Entroido danse a man a Galicia rural e a Galicia urbana, unidas ambas pola profunda significación da festa.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: