Actualizado en data 26/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Cristo de Santa Margarita

Por diante da imaxe do Cristo de Santa Margarita, unha cruz situada a carón da igrexa de Cesuras, parroquia de Os Remedios, concello de Mondoñedo (Lugo), pasaron dous homes de noite.
Ao pasar, un dos homes descubriuse e o outro díxolle:
—¿Para que te descobres, que o Cristo non te ve?
De súpeto, o que isto dixo quedou varado, púxose a berrar e non podía andar.
Xuntouse xente e foron chamar un crego. Cando veu o cura dixo unhas oracións, botoulle auga bendita ao home varado e só despois deixou de berrar e puido marchar para a súa casa.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: