Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A construcción do castelo de Sandiás e o nacemneto da Lagoa de Antela

O castelo de Sandiás, ou Torre de Sandiás, é coñecido polos veciños como a Torre do Castro. Está situada no Monte do Castro e ao pé da torre está a aldea do Castro, na parroquia de Sandiás, concello de Sandiás (Ourense).
“Foi feito, según boca dos vellos, por´os mouros cand´ó de Pena que está de frente a unhos 7 Km pouco máis ou menos o Sur do d´eiquí, meténdose por´o tanto a Veiga no medio. Fixeron por debaixo da terra unha carretera desd´unh´autra torre e por éla andan os mouros d´un lado para outro. Cand´os fixeron, os ferreiros de Pena e máis o do Castro, pr´apuntar os picos non tiñan máis que un martelo pr´os dous e arreglábanse con él tirándoyo desd´unha a outra cando lles faguía falta. Ata que un día, nun deses lanzamentos, a un deles falláronlle as forzas e o martelo caiu no medio do camiño entre as dúas torres, facendo un gran burato, onde escomenzou a brotar auga, dando lugar á que coñecemos (coñeciamos) como lagoa de Antela¨”.

[Texto e foto remitidos por Xavier Feixoo, Sandiás, Ourense]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: