Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Un carro de ouro

Hai moitos anos contábame meu avó que naquel monte chamado Alto de
Monteagudo
, na parroquia de Devesos en Ortigueira (A Coruña), había un carro cargado de ouro e coa cabezalla sinalando ó norte, agardando a que alguén o atopara.
A miña imaxinación de neno non puido evitar verme descubrindo ese tesouro nun monte cheo das fondas dentelladas dunha canteira de áridos.
Pasados os anos souben algo que me deixou abraiado. Ó parecer era un rito funerario celta enterrar ós seus mortos nun carro cargado de tesouros e coa cabezalla indicando ó norte. Non puiden evitar lembrarme do meu avó e atopar as similitudes coa lenda que él me contaba.
Será só unha lenda?

[Texto remitido por José Luis Garrote Ramil, Ferrol, A Coruña]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: