Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

nº 11 (2015).-BLANCO PRADO, J. Manuel: Santos profilácticos e curativos de diferentes doenzas do gando na provincia lucense

© J. Manuel Blanco Prado

Artigo publicado orixinalmente en Anuario Brigantino, 2014, nº 37

_____

Dende sempre, no medio rural viviuse nunha forte dependencia dos animais, da auga, da terra, etc. Polo tanto, non resulta estraño apreciarmos como as persoas que viven neste medio tentan buscar unha resposta na relixión, cando algún destes elementos sufre unha alteración de índole negativa.

Esta relixiosidade baséase en boa medida nun mutuo intercambio de favores materiais, a saber, protección, boas colleitas, saúde etc., a cambio dunha serie de rituais e ofrendas, que poden levarse a cabo no intre do pedimento ou logo de ser concedida.

Este traballo pretende ser unha resposta a esta actitude que, aínda no momento actual, realiza o campesiño lucense. Isto motiva que analicemos unha serie de contidos ligados con todo aquilo que contribue dalgunha maneira á profilaxe e sandación de todo tipo de males vencellados ao gando desta provincia.

… (seguir lendo)

Texto en PDF


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: