Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os porcos e os mouros de Castromao

Cóntase que unha veciña da aldea de Castromao, concello de Celanova (Ourense) tiña un porco que todas as mañás, en canto lle abrían a porta, marchaba para o castro e non regresaba ata a noite; a veciña desconfiaba se os mouros lle daban mantenza. Mais, cando chegou a matanza, o porco desapareceu da corte.

Tamén, preto do castro, había unha familia que tiña trato cos mouros, quen lles mantiñan os porcos e ao chegar a matanza pedían a proba e os donos dábanlle a entrecostela.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2015]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: