Actualizado en data 26/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A maldición da Fábrica de Puntas da Capela

Este mosteiro bieito de Santantoíño, parroquia de Santa María da Capela, concello de Toques (A Coruña) foi un priorato dependente de San Martiño Pinario. Foi abandonando xa no ano 1821 nos primeiros procesos desamortizadores que tiveron lugar no século XIX. Baixo as dependencias monacais discorre o rego da Toca encaixado.

Os monxes utilizaron a enerxía hidráulica do rego neste tramo de forte pendente para os seus muíños. Unha vez abandonado, no século XIX, antes do ano 1882, instalouse nas dependencias unha fábrica de puntas e arames coñecida como "Unión Gallega".

Esta fábrica durou pouco tempo pois en 1885 xa estaba pechada. Segundo refiren os veciños en lendas recollidas por Xosé Manuel Broz Rei, a fábrica tiña unha maldición: ".... como eran masóns, cando o cura dicía misa, eles botaban a fábrica a andar e tremía todo, ata o cura tiña un cáliz coa base moi pesada para que se mantivese ergueito no altar,... ata que un día saltou o volante de inercia ou rodicio e foi caer, monte arriba, na chousa que se chama a Pena da Vaca, preto da Pontepedriña, e para sacala fixeron falta doce parellas de bois, e desde aquela xa non funcionou mais".

Unha hsitoria semellante relata Don Carlos Alonso del Real: "rasgos comunes y seguramente históricos son que la fábrica la fundó y dirigió un francés del cual aún queda descendencia en la comarca, y que fue cerrada hace cosa de un siglo. Según cuentan el francés era impío y con el ruido de las máquinas impedía oír la predicación. Una maldición del cura, o según la versión secularizada, un apedreamiento de la fábrica, por parte de los secuaces del cura, lo obligaron a abandonarla".

Dentro doutra orde de acontecementos hai outro que se refire en concreto a antiga igrexa do mosteiro, hoxe parroquial de Santa María de A Capela. Esta antiga igrexa, alberga no seu interior un calvario do século XII-XII, enmarcado por un excepcional conxunto de pinturas murais do século XV. O Santo Cristo do Calvario, de catro cravos, ten un forte e marcado carácter milagreiro na comarca. Un destes milagres, recollido tamén por Xosé Manuel Broz Rei de fontes veciñais, conta que no ano 1598 houbo unha peste moi mala e que o Santo Cristo protexeu a todas as xentes da parroquia e ninguén padeceu dela.

Blog "Bocelo Calidade" (Ver)

[Texto e foto remitidos por Xurxo Broz e Cristina Vázquez, de Melide (A Coruña). Febreiro de 2015]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Engadimos unha nota complementaria, que nos pareceu interesante, e que recolleu a finais dos anos oitenta D. Carlos Alonso del Real y Ramos, e que dí así: "Perifericamente a ésto, se me ha contado que las almas de los obreros que se quedaron sin trabajo con este motivo formaron durante algún tiempo una especie de Santa Compaña en la comarca".

Enviado por Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz Rodríguez, Museo da Terra de Melide o 18/03/2015 ás 13:40:32


Miña nai contaba que a fábrica era efectivamente dun francés impío, que impediu os traballadores asistir os oficios do Xoves Santo, e que ese día no momento da Consagración a roda que movía as máquinas estourou e rodou monte arriba ata que se empotrou nunha pena.

Enviado por Anabel Ramos Rúa o 06/07/2017 ás 0:19:10


Enviar comentario a este artigo: