Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

San Xiao do Trevo

Xunto a capela de San Xiao, Cariño (A Coruña) apareceron restos de muros de mampostería, pavimento, cerámica, ímbrices e tégulas de época romana. Para a construción da capela reutilizouse material da antiga vila. Segundo a tradición, a imaxe do San Xiao foi tirada ao mar polos piratas que asolaban a costa, atándolle unha pedra ao pescozo; mais o santo liberouse e, nadando, chegou a terra onde o recolleron os mariñeiros que subiron a imaxe ata o lugar onde despois construíron a capela.

[Texto e fotografía de Xabier Moure Salgado. Outubro de 2014]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: