Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Carballo de santo Antonio de Vilardefrancos (Carballo)

O coñecido como Carballo de santo Antonio está dentro da finca do Pazo de Vilardefrancos, en Artes, concello de Carballo (A Coruña).
Dise que pode ter máis de 800 anos, o que o converte nunha das árbores máis antigas de Galicia e como tal figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Segundo a tradición, cando santo Antonio, o de Padua ou de Lisboa (1.195-1.231), peregrinou a Compostela celebrou misa neste lugar, onde había unha pequena ermida. Mentres o santo oficiaba, naceu debaixo do altar un carballo que co tempo, de tanto medrar, derrubou o edificio. A nova capela de santo Antonio construíse a carón e hoxe forma parte das dependencias do Pazo.
Este carballo superou milagrosamente varios incendios e intentos de corta. Conta a lenda que a ferida que presenta é consecuencia dun raio que lle caeu enriba pouco despois de morrer santo Antonio. E que as mozas namoradas van alí e poñéndose de costas tratan de introducir tres pedriñas no burato: hai quen di que abonda con meter unha, e outros din que son precisas sete.
Se o consiguen, casan antes do ano. Se xa estivesen casadas, é que van ter un fillo. O mesmo ritual sirve para pedir un desexo calquera; de atinar, por cada pedra que se lanza cumprirase o desexado.
Tamén se conta que en caso de facerlle unha ferida ou de cortarlle unha póla, o carballo derrama un líquido (prodixio atribuído ao santo Antonio) que semella sangue.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: