Actualizado en data 26/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A cidade soterrada do Agro da Pedreda

Lugar situado na parroquia de San Miguel de Neira de Rei, concello de Baralla (Lugo). No ano 1932, ao facer unha estrada, saíron á luz varias columnas, cerámica e mosaicos de época romana. Segundo me contou un veciño de Todón de Abaixo, en Becerreá, no lugar había unha cidade que foi soterrada debido a unha maldición divina. No exterior da casa deste mesmo veciño hai unha base dunha columna romana, e na Ponte de Neira, en Baralla, base e fuste da mesma época sustentan unha cruz moderna; todas as pezas proveñen do Agro de Pedreda. Tamén me dixeron que cara o ano 1915, un inglés levou con el un número elevado de pezas arqueolóxicas.
[Texto de Xabier Moure Salgado. Xullo de 2012]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: