Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Noite de San Xoán en Navia de Suarna

En varias aldeas do municipio de Navia de Suarna (Lugo), na Noite do San Xoán recollíanse sabugueiros (boito, como lle chaman os naturais), a herba de San Xoán e a artemisa que se colocaban en portas e ventás para espaventar as bruxas. Os de Vilar de Moia acendían a fogueira entre Vilar e Moia, como símbolo para recalcar a personalidade dun pobo fronte ao outro cun marcado carácter de fixador de límites simbólico-sociais. En Savane poñíanse as fogueiras nos cruces dos camiños para que por riba pasara o gando para lle curar o mal dos pés.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Decembro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: