Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro do Castro de Sinllán

O castro de Sinllán atópase na parroquia de Nullán, municipio das Nogais (Lugo). A mediados do pasado século XX apareceu pola aldea de Sinllán un mozo na procura de traballo. Un veciño, a cambio de cama e mantenza, propúxolle que lle coidara do gando. O home aceptou. Día tras día, o descoñecido guiaba o gando cara os prados do castro. Canda el levaba sempre un misterioso libriño que non mostraba a ninguén. Segundo as testemuñas, ao chegar ao lugar escavaba aquí e acolá cunha aixada. E así unha e outra vez, fose laborable ou festa de gardar. Mais un bo día o mozo non regresou á aldea. No lugar onde o viran por última vez só atoparon a aixada e unha gran focha onde, din, se agochaba un tesouro.

[Texto remitido por Xabier Moure Salgado, de Becerreá (Lugo). Xuño de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: