Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Estrela Fugaz

A choiva de estrelas, os diminutos anacos dos meteoritos que atravesan o espazo a grande velocidade e que se inflaman ao contacto coa atmosfera da Terra, poden influír, para ben ou para mal, no devir das persoas.
Se na meirande parte das parroquias do concello d'O Vicedo é de bon agoiro pedir un desexo mentres a estrela cruza o ceo xa que este cúmprese, nas de Mosende e Suegos, pola contra, é signo de desgraza, disque «onde pousa (cando deixa de verse) anuncia a morte dalguén».

[Información remitida por Xabier Moure Salgado (Asociación Cultural A Curuxa"), de Pontide, Suegos, O Vicedo (Lugo), en febreiro de 2010. Informante: Elena Fanego]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: