Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A aleitadora de Ripás

Pasou onde chaman Castelo, lugar de mouros noutrora, en Ripás, parroquia de Abelenda, concello de Avión (Ourense).
Un día pasou por alí unha muller que andaba aleitando e unha moura que levaba unha criatura no colo pediulle de favor que lle dese de mamar ao seu neno, qe lle secara o leite.
Despois de insistir un pouco, a muller aceptou e deulle de mamar ao fillo da moura, e esta, en agradecemento ofreceulle uns tizóns queimados.
Aceptounos e meteunos no bolso, non os ía desprezar, pero en canto perdeu de vista a moura, botounos ao chan.
Cando chegou á casa e mirou o bolso descubriu que un anaco daqueles tizóns que lle quedara dentro convertírase nunha moeda de ouro. Correu, claro, a onde tirara os outros cachos pero xa non viu nada, nin carbóns nin moedas.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: