Actualizado en data 19/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A moza e o Demo

Unha mañá ía unha muller coa súa filla camiño da feira. A rapaza entretíñase con cada flor que atopaba polo camiño. Ó pasar por diante dunhas pedras, a muller murmurou cara á filla:
―Se foras unha pedra, andarías máis axiña.
Un pouco máis atrás, a rapaza ficaba mirando unha flor de cor vermella que lle ofrecía un extraño ser que había enriba das pedras que vira antes súa nai.
Sen pensalo, achegouse a collela e inmediatamente quedou convertida nunha pedra. A muller, ó darse conta da falta da súa filla, volve atrás comprobando que no sitio onde antes estaban dúas pedras, agora había tres, e que unha tiña unhas extrañas formas de muller.
Seguidamente oe unha forte gargallada e un intenso aroma a ovos podres...

[Lenda remitida por Laura Pardeiro, de As Nogais (Lugo), en xuño de 2009. Informante: a súa avoa, que sitúa o lugar do suceso nas proximidades de Cervantes (Lugo)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

estan moi bonitos

Enviado por laura pardeiro o 18/01/2018 ás 16:29:27


Enviar comentario a este artigo: