Actualizado en data 26/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O día de San Xoán en Merille

Outro dos costumes que recordo era que polo día de San Xoán a miña tía deixábanos ás miñas curmás, a miña irmá e a min, as cativas, como se di en Viveiro, colocar flores en todas as fiestras e recunchos da nosa casa. Sinto non recordar a razón. Tamén que se deixabamos unha palangana de auga toda a noite fora e á mañá nos lavabamos a cara con ela, poñeriamonos moi guapas.
Tamén esa noite había que evitar deixar o carro fora (na nosa casa debaixo do cabozo ou hórreo, que era como unha especie de cabana), pois os mozos virían, levaríano e deixaríano lonxe por calquera sitio.

Nota da informante:
Cheguei á casa dos meus tíos en Vilares en 1961, procedente de Cuba. A miña tía era unha verdadeira xoia como informante antropolóxica; sabía unha chea de historias, lendas, etc. Eu tiña 15 anos e como sempre me interesei pola antropoloxía parecíame un mundo fascinante, aínda que o meu pai xa me contou moitas cousas na Habana, pois víame moi interesada en todo o galego. Escribirei algunhas cousas que recordo, e que me encantaría que puidesen axudar a preservar o noso legado. Por certo, unha das nosas bromas cariñosas era que cando eu facía algunha tarefa mal (cousa frecuente), sorría pillabán e dicíame: parece que ves da Habana... Eu viña de alí...

[Texto remitido por Teresa Casabella, residente en Barcelona. Marzo de 2008]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: