Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Sabía que para curar o bocio...

► Hai que beber auga de sete fontes o día de San Xoán.

► No concello da Arzúa está a capela da Mota, e nela os San Bartolomeu, San Mateo e San Simón, no mes de agosto faise a Mota de san Bartolomeu e din que se o cura che pasa a espada do santo pola gorxa se che cura e prevén o bocio.
[Enviado por María J. Sanjiao, de Ducío, Arcos de Furcos, Cuntis]

► Recordo cando era pequena falar das propiedades do orballo de San Xoán, neste caso pra curar a enfermidade do bocio.
O día de San Xoán meu pai levoume, pola mañá cedo a tomar esas pingas máxicas dunha nogueira. Esto tiña que facerse antes de que o sol bailase. Quedoume este fermoso recordo.
[Texto remitido por Sara Sánchez Ríos, Vidueiro, Ordes (A Coruña). Xullo de 2012]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

No concello da Arzúa está a capela da Mota, e nela os San Bartolomeu, San Mateo e San Simón, no mes de agosto faise a Mota de san Bartolomeu e din que se o cura che pasa a espada do santo pola gorxa se che cura e prevén o bocio.

Enviado por Maria J. Sanjiao o 26/06/2008 ás 10:22:07


Enviar comentario a este artigo: