Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Demo e o seu mundo

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O demo na Pena Grande

A un tiro de pedra da croa de Zoñán, Mondoñedo (Lugo) está, beira do vello camiño dos Cucos e de Pelourín, a Pena Grande. Un penedo competente no que fan vida ou que usan de poleiro uns encantos que tocan a gaita, cantan, bailan e aturuxan, maiormente pola noite do víspora do San Xoán. Cóntao Lence-Santar e pon por testemuñas de telos visto e sentido, entre outros, ao Angulo e ao Grilo de Pelourín, a Monterroso de San Cristovo e ao Picos de Tronceda. O mesmo Angulo de Pelourín víu alí mesmo o trasgo unha noite de San Xoán ao regresar de Zoñán cara á casa. Seica aganchaba por un castiñeiro ao tempo que laiaba, que ensinaba os dentes e que esgazaba as canas.
Farruco da Costa, xa leva fóra deste mundo desde o 2 de xaneiro do ano 1933, o derradeiro home da comarca, segundo Lence, que gastou monteira, que dominaba a ciencia de ver nacer as herbas e que botaba as contas dos pelos dun xato, tamén víu o demo na Pena Grande por tres veces.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Es encantador, y posee una cantidad de imágenes maravillosos

Enviado por elba gomez o 18/03/2015 ás 17:09:13


Enviar comentario a este artigo: