Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O corpo mao en Santo André de Teixido

Segundo testemuño de Ramón Bascoy, logo reproducido por Andrés Pena Graña, antigamente no santuario de Santo André de Teixido, concello de Cedeira (A Coruña), curábase o corpo mao (corpo malo), ou sexa, a posesión dun corpo de persoa sa e boa por espíritos ou almas de malas persoas recén falecidas.
O crego Miragalla foi, polo visto, o derradeiro en facer a operación de quitar o corpo mao. Mentres o doente estaba de xeonllos o crego líalle os Evanxeos ata que o enfermo dicía, ao tempo que sinalaba co dedo índice da man dereita e o brazo estirado a un lugar:
—Non a ve, señor! Xa se foi! Xa saíu!
Cara onde sinalaba o enfermo, xunto a un burato na parede, viron unha sacabaeira. O enfermo sentíase curado:
—Foise! Xa se foi! O demo que a leve!
A alma do malvado que tomara posesión do seu corpo tomara á figura daquela sacabeira.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: