Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O libro do crego de Ríoaveso

Pasou en Xeada, Rioaveso, Vilalba (Lugo). Cando había treboada, o crego collía un libro que tiña e lendo nel conseguía apartar a saraiba para que descargase nun camiño, onde non fixesen mal a ninguén.
Un día que o crego estaba en conversa cuns veciños das casas de Xeada, pousou o libro e un neno que pasou colleuno, e, sen dárense conta nin o crego nin os outros veciños, xa o viron erguerse no aire co libro na man, levitando.
O crego berroulle:
-¡Ah, pájaro, onde estás! ¡A ver se me podes mandar o libro aberto!
Conseguiu baixarlle o libro pero o neno seguía aló enriba. Entón, o crego púxose a ler no libro ó revés, moi despaciño, e o neno foi baixando a modo. Se le apurado ou pecha o libro, o neno baixaría de golpe e podíase matar.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: