Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O pirata Xan de García

Xan de García, que era dos das Casas Novas, Foz (Lugo), desapareceu e non se soubo máis del. Tempo despois unha fragata de tres mastros embarrancou fronte á capela de San Bartolo, concello de Barreiros (Lugo), do outro lado da ría, e alí quedou. Foron autoridades e xente ver que pasaba pero os do barco, que eran piratas, recibíronos con machetes e con paos.
No barco traían cabras e carneiros; unha das cabras non se quixo despedir do barco ata que o desfixeron. A madeira da embarcación empregouse na igrexa de Foz cando veu de párroco don Xosé Chao.
Canda os piratas viña unha señorita moi guapa e mais un capitán. A señorita veu á vila e Xan de García viña entre eles. El non o dixo, non se deu a coñecer, pero de noite tivo que andar arredor da que fora a súa casa pois en cada terra do seu pai atou un mollo para que se soubese que era el. E foi pola casa, pero falaba coma os piratas para que non o recoñecesen.
Os país dicían:
—¡Este parece o meu fillo!
Cando marcharon os piratas, Xan de García tamén se foi e non se volveu a saber máis del.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: