Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Suarbol

Suarbol pertence ó concello de Candín, provincia de León, e é lugar veciño de Moreira e Piornedo, parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo).
Antigamente este lugar dos Ancares leoneses chamábase Ambasaguas. Os veciños de Suarbol mailos de Valouta querían facer unha igrexa entre os dous lugares, onde chaman O Coladín que aínda que é máis próximo a Suarbol, quedaba entremedias.
E tiñan unha imaxe da Virxe María que é a que está hoxe na igrexa de Suarbol.
Pero houbo lío. De día os de Valouta subían a imaxe da Virxe ó Coladín pero de noite a imaxe, misteriosamente, volvía a baixar. Eran os de Suarbol que querían facer a igrexa onda eles pois dicían que a Virxe ía estar moi soa no monte.
Acabou por construírse a igrexa onde quixeron os de Suarbol, onde había unha árbore, por íso aquel lugar deixou de chamarse Ambasaguas e pasou a chamarse Suarbol.
Os de Valouta acabaron facendo outra igrexa; a diferencia é que os de Suarbol fixeron casa rectoral para o cura e os de Valouta non puideron porque Valouta é "hijuela", ou parroquia anexa, de Suarbol.

[Texto remitido por José María Carricoba Armesto, Lugo]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: