Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

Os milagres do San Bieito da Uceira

A ermida do san Bieito da Uceira sitúase no monte da Uceira, preto do lugar de Sandiás, concello de Sandiás (Ourense). O San Bieito da Uceira é santo moi milagreiro, especialmente avogoso para as verrugas.
»D´unha vez, querendo levar unha pedra pra capilla, grande, e como está rodeada de paredón, andaban buscando por ond´e entrar co carro, e, cando se descoidaron, os bois subiron por´as escaleiras de subir a xente, o que sólo s´explica como milagre, pois do contrario, non houbera sido posible que os bois subisen nin co carro baleiro tales escaleiras.
Sexa esto certo ou non, o caso é que na capilla hay unhas muletas y´un cayado que proban que algún subiu axudado de tales instrumentos, e o Santo fixo que non os necesitase pra baixar, y´entonces quedáronlle de regalo e como testimonio do milagre».

[Texto e foto remitidos por Xavier Feixoo, Sandiás, Ourense]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: