Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A cama do San Vicente

Na igrexa de Ferreira, concello de San Sadurniño (A Coruña), posta baixo o padroado de San Paio, hai unha imaxe do San Vicente atada con cadeas. Este santo tiña unha ermida no Pico Ferreira, mais un día os veciños baixárono para a igrexa parroquial. Pero o santo non estaba moi a gusto na nova morada, polo que ía para o Pico Ferreira a durmir na coñecida como "Cama de San Vicente", un sepulcro antropomorfo sen tampa que aínda se conserva. Os veciños tiñan que ir a buscalo todos os días, ata que cansos encadeáronno para que non volvera a fuxir. A carón do sártego hai na rocha unha pía natural de bo tamaño, ademais de varias coviñas e cruces insculpidas. Ata non hai moto, a xente acodía ao sitio para curar distintas doenzas. O ritual consistía en dar cinco voltas arredor do sártego, mollando a parte a sandar na auga da choiva depositada na pía. Para os animais existían ritos semellantes. Tamén se acendían velas nas gretas das rochas o día 25 de maio.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Marzo de 2016]

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: