Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As ferraduras da igrexa de Santo André das Nogais

Os rapaces teñen ese don da curiosidade para preguntar sobre cousas ou detalles que lles chaman a atención. Unha das curiosidades dos nenos da parroquia de Santo André  das Nogais (Lugo) era saber que significaban as marcas que hai insculpidas nas pedras da porta da igrexa. Cando lle preguntaban ao cura por aquelas marcas en forma de ferradura, unhas postas a un xeito e outras ao outro, contáballes: "Cando naceu Cristo, Herodes deu a orde de matar a todos os recén nados. Enterada a Sagrada Familia da orde ditada polo rei, a Virxe, San Xosé e o Neno fuxiron do portal de Belén a lombos dun burriño. Entón, para desorientar aos soldados que os perseguían, cambiaron as ferraduras do burro de xeito que as marcas das pegadas fixeran un rastro ao revés do camiño que eles levaban". 

[Texto remitido por Xabier Moure Salgado, de Becerreá (Lugo). Marzo de 2015]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: