Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O nubeiro de Choi

»Era nunha aira na casa do Choi [parroquia de Romariz, concello de Abadín (Lugo)], alí cerca da iglesia [igrexa parroquial de Romariz]. E estaban mallando, téñoo oído moitas veces, e, claro, presentouse unha tormenta mui criminal, tronar e lostregar e todo negro. E había un cura, que me parece que lle chamaban don Mariano ou así unha cousa, hai moitos anos, e, claro, dixo:
—¡Eh, señores, meterse todos pa dentro!
E colle un libro e púxose a ler na ventá, e ó momento deuse de desface-la tormenta. E que deron de caer peras e peras, e peras, que se enchera a aira de peras. E que despois o cura:
—¡Eh, chis, non lles topar, eh, hasta que eu as bendiga.
E despois bendeciunas o cura, e despois comeron todos peras hasta encherse».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: