Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Orixe do cruceiro de Entrecastrelos

Localización: En fronte da casa de Fariña. Foi trasladado uns metros, por mor da construción dunha presa para a auga.
Lugar: Entrecastrelos
Parroquia: Ribela
Concello: A Estrada (Pontevedra)

Un home da casa de Fariña foi á noitiña ao muíño de Lourenzo no río Umia. Cando regresou xa se fixera de noite, e ademais pechara de néboa e non era quen de ver camiño nin carreiro.
De repente, sentiu un ruído forte, como de trono, e viu, entre a néboa, unha nube loira. Non sabía que facer nin que dicir; ata que, falando para si, dixo:
-E, que fago?
-Métete aquí - escoitou que lle dicían, mentres vía como se abría na nube un oco grande e negro que o convidaba a entrar.
A nube, decatouse o home de contado, era un disfrace máis dos moitos que adoita o Demo, e o burato negro que lle ofrecía non era outra cousa que o mesmísimo cu do Demo.
E xa case obedecía, e xa se dispoñía a entrar naquela caverna escura cando, probablemente de xeito involuntario, se lle ocorreu facer o sinal da cruz.
De inmediato a nube (Demo) estoupou. O home correu camiño arriba canto puido ata chegar a carón da súa casa onde sentou sen alento. Mais, lembrándose da sorte que tivera, prometeulle a Deus facer un cruceiro naquel mesmo lugar en sinal de agradecemento.
Mágoa non sabermos exactamente onde se erixiu o cruceiro de Entrecastrelos orixinalmente, pois ese era o lugar exacto onde aquel home da casa de Fariña decidira perpetuar para a memoria dos veciños o enorme medo, o pavor, que pode causar o Demo.


BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: