Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O loureiro da igrexa de Hermunde, de Pol

Cóntase que a mediados do século XVIII a igrexa de Hermunde, concell de Pol (Lugo), estaba en ruína. O conde de Altamira, señor do lugar, decidiu reconstruíla e contratou as obras cunha cuadrilla de canteiros e barrosos.
Entre os que amasaban o barro había un rapaz e aposto peón que puxo os seus ollos nunha fermosa rapaza, filla única do conde. Ela correspondeulle, louca de amor por el.
Enterado o conde, o seu ánimo trasmudouse. Mandou encerrar a súa filla e xurou que xamais consentiría que a súa única herdeira casase cun humilde artesán, amasador de barro. A doncela caeu gravemente enferma ao verse privada do seu adorado barroso, e faleceu.
O conde, desesperado, mandou que parasen as obras da igrexa e negouse a seguir costeándoa. O día do enterro, a dor adormentaba o corazón de todos. Os canteiros e barrosos, retirada a axuda do señor, non tiñan xa materiais nin medios para continuar a obra. Pero tampouco querían deixar a Casa de Deus sen rematar, así pois, remataron o campanario cunha media lúa invertida. Estaban acabando cando traían o corpo sen vida da bela doncela, morta de amor.
O mozo barroso, encollido da dor, colleu un ramo de loureiro, depositouno sobre o corpo inerte da súa amada e cravouno no barro fresco da cúpula.
Despois, mentres ela recibía terra, regou por moito tempo coas súas lágrimas, aquela rama de loureiro.
E esta prendeu, e alí se mantén en altura da torre.
Conta, finalmente, a historia que o conde, abatido pola desgraza, abandonou o Pazo de Hermunde, e trasladouse coa súa dor ata outra posesión de seu, afastada daquel lugar.

[Información de Alba Neira Pasarín, de Lea, Pol (Lugo). Novembro de 2012]



Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: