Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

San Xulián de San Xusto

Un ano de moita seca os veciños de Rececinde, en San Xusto, Coristanco (A Coruña) andaron de arriba para abaixo buscando fontes. Atoparon unha en Portocovo, nas beiras do río Vao, pero o que máis lles chamou a atención foi ver que desde a fonte partía un camiño que conducía á igrexa parroquial de San Xusto.
E correuse a voz; por aquel camiño tiña que ir e vir San Xulián, o patrón da parroquia, beber a aquela fonte.
Ahegáronse á igrexa, colleron o santo e levárono en procesión ata a fonte, rogándolle que fíxese o posible para que chovese.
E cando regresaban, camiño de volta da parroquial, xa se mollaron. Choveu o que fixo falta.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: