Actualizado en data 11/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

O Santo Milagre do Cebreiro

Alá polo ano 1300, había un crego na parroquia do Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro (Lugo) que nun día de forte zarracina e mesta nevarada estaba a dicir misa na deserta igrexa. Mais, cando estaba a consagrar a hostia e o cáliz, entrou no templo Xoán Santín, un devoto veciño de Barxamaior. O cura mirouno con sorpresa e, fastidiado, murmurou: "¡Mira que vir con este tempo dende tan lonxe, e só para postrarse diante dun pouco e pan e viño..."
Non rematara de dicir a frase cando viu que a hostia se convertía en carne e o viño en sangue. Foi tal a impresión que o crego caeu ao pé do altar, morto. A carne o sangue gárdanse en dúas ampolas de vidro nunha fornela de granito xunto ao altar do santuario. Dise que a imaxe románica da Virxe co Neno inclinou a cabeza para ver mellor o milagre que axiña foi difundido por toda Europa. O escudo de Galiza incorporou como símbolo o cáliz do milagre.
A lenda foi recollida polo beneditino P. Yepes a comezos do século XVIII.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: