Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Torre de Doncos

Erixida na segunda metade do século XV á beira do río Navia, concello de As Nogais (Lugo). Pertenceu aos Valcarce, pasando despois aos condes de Monterrei. No ano 1603, sendo o seu propietario Fernando de Toledo, xa ficaba medio arruinada. Do antigo castelo segue en pé a Torre da Homenaxe. Situada xunto unha calzada romana, defendía a entrada a Galiza. Coñécese tamén como Castelo da Anca, pola lenda que narra que durante a Reconquista un dos trece cabaleiros que estaban para defender aos peregrinos que ían a Santiago de Compostela viu como unha parella de cristiáns era atacada por un grupo de sarracenos. Un deles tomou prisioeira á muller, e con ela montada na anca do seu cabalo tentou fuxir. Pero cando o sarraceno xa estaba a ser atrapado polos cabaleiros, desenvaiñou o seu alfanxe e dun tallo degolou á moza para que ninguén gozase da súa beleza.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: